martes, 1 de marzo de 2011

Cambio del Algoritmo de Google: consecuencias



Pois xa é coincidencia, pero este venres Google tivo un pequeno detalle que nos cambiou parte das regras do xogo a todos, no que ao posicionamento no seu buscador se refire.

E que fixo exactamente? Pois saber saber... so sabemos o que nos queren contar. Aquí vos deixo unha ligazón a un pequeno comentario feito desde bitelia, a ver que opinades vos:

http://bitelia.com/2011/02/cambio-algoritmo-google-mejor-o-peor

Falaremos hoxe do que nos perxudica a nós no posicionamento particular dos nosos blogs, e como os coñecementos adquiridos neste curso nos poden aportar vías paralelas de optimización para os buscadores.

Unha vez máis e como sempre vos digo en tono de broma,"a web está viva".

Máis novas relacionadas | Google News

martes, 22 de febrero de 2011

Módulo 5: Posicionamento On Line



Pois pouco a pouco chegamos ao fin deste interesante curso de Ofitic (ou espero que así fose), e nesta ocasión e áinda que xa tivemos dúas clases iniciais, falaremos da importancia de obter un bo posicionamento da nosa páxina nas buscas de Google, principalmente.

Comentaremos as principais pautas a seguir para ir gañando a confianza do buscador, e faremos prácticas reais para comprobar que a teoría "sirve de algo". E por último, e para garantir que nós mesmos sabemos do que falamos, analizar algunha web coñecida e tentar ver tanto os pros coma os contras da súa estructura, da súa usabilidade e do seu posicionamento.

Estades preparados? Comezamos!

jueves, 17 de febrero de 2011

Módulo 4: Xeoposicionamento


E pouco a pouco, imos pasando módulos, e aprendendo e reforzando os coñecementos adquiridos neste curso sobre ferramentas 2.0. Agardamos as vosas suxerencias como sempre, e calquera comentario que querades engadir para estas entradas, será moi ben recibido.

Neste novo módulo falaremos das ferramentas e tecnoloxias que hoxe en día nos facilitan a xeolocalización e como poder empregalas para facer a nosa propia ruta de geocaching.

Xa veredes o sinxelo que é... e o ben que o pasaremos cando a fagamos na nosa pequena escapada. Xa estades preparad@s? ;)

Aquí vos deixo dous bos enlaces para empezar a ver en que consisten as rutas de xeocaching:

http://www.airelibreytecnologia.com/noticia.asp?id=839

http://elblogdejuande.blogspot.com/

martes, 8 de febrero de 2011

Compartir Información na Rede


Boas a tod@s!

Pois ben, xa chegamos ao módulo 3 do curso. Nesta ocasión imos tratar temas prácticos que seguramente nos axuden a entender todavía millor a importancia do traballo colaborativo, e perderlle o medo a cousas como a edición de imaxes, compartir arquivos en google docs, ou subir as nosas propias presentacións e videos as diferentes plataformas máis populares como slideshare ou youtube.

Coma sempre, podedes deixarme aquí as vosas suxerencias e comentarios, xa sabedes que aínda que o grupo de Ofitic en facebook funcione moi ben, esta tamén é a vosa casa.

Unha aperta!

martes, 1 de febrero de 2011

Módulo 2: Ferramentas para a web 2.0



Hoxe comezamos o segundo módulo deste curso, no que nos iremos facendo fortes nas ferramentas xa expostas no módulo 1, e faremos novas altas de usurio noutras interesantes redes sociais como LinkedIn, que nos poden servir de plataforma para coñecer a xente cun perfil profesional semellante ao noso e incluso para que nos atopen aquelas empresas que buscan xente coma nos para as súas vacantes de emprego.

Estades preparados? Pois alá imos, calquera suxerencia será moi ben recibida!

Pd: moitas grazas polas vosas altísimas valoracións nas enquisas de satisfación. Así da gusto vir a formar!

miércoles, 26 de enero de 2011

Resumo da Primeira Xornada. Hoxe falaremos de...



Este foi o video que non poidemos ver onte, pero que en calquera caso é moi interesante xa que aporta moitas novidades do que nos ven no futuro máis próximo de cara a como afrontar a nosa profesión e no xeito en que podemos aproveitar este novo "State of the art" (o estado da situación, vaia!). Xa sabedes, hai que velo.

Onte vos coñecín, e malia que a rede e gmail non nos deixou a todos ter a nosa conta, confío en que alo menos as horas alí invertidas vos fixeran ver que temos que darlle un pulo a nosa visibilidade online, alo menos profesionalmente que é o que máis nos interesa polo de agora. Personalmente tamén volo recomendo, pero iso xa é a decisión de cada un.

Hoxe imos falar do CONSUMIDOR 2.0, da importancia de escoitar ao cliente si es unha empresa e analizar como se comporta. Tamén falaremos das Redes sociais como fonte de coñecemento, dos Novos líderes de opinión na rede e dalgúns aspectos relacionados coas tendencias sociolóxicas dos consumidores e o seu comportamento online. Xa tendes preguntas para min? ;)

domingo, 23 de enero de 2011

Ferramentas sociais e Plantexamento de obxectivos de aproveitamento

O Software Social refírese a unha gama de ferramentas que nos permiten conectarnos con outras persoas a través da Internet e socializar ou traballar de maneira colaborativa en proxectos comúns. O resultado desta tendencia é a creación de espazos interactivos compartidos.