miércoles, 26 de enero de 2011

Resumo da Primeira Xornada. Hoxe falaremos de...



Este foi o video que non poidemos ver onte, pero que en calquera caso é moi interesante xa que aporta moitas novidades do que nos ven no futuro máis próximo de cara a como afrontar a nosa profesión e no xeito en que podemos aproveitar este novo "State of the art" (o estado da situación, vaia!). Xa sabedes, hai que velo.

Onte vos coñecín, e malia que a rede e gmail non nos deixou a todos ter a nosa conta, confío en que alo menos as horas alí invertidas vos fixeran ver que temos que darlle un pulo a nosa visibilidade online, alo menos profesionalmente que é o que máis nos interesa polo de agora. Personalmente tamén volo recomendo, pero iso xa é a decisión de cada un.

Hoxe imos falar do CONSUMIDOR 2.0, da importancia de escoitar ao cliente si es unha empresa e analizar como se comporta. Tamén falaremos das Redes sociais como fonte de coñecemento, dos Novos líderes de opinión na rede e dalgúns aspectos relacionados coas tendencias sociolóxicas dos consumidores e o seu comportamento online. Xa tendes preguntas para min? ;)

2 comentarios:

  1. O dia de onte tivo ben, pese a rede, ainda que é normal xa que eramos uns 20 ordenadores conectados.
    Veremos o día de hoxe que tal vai.

    Abur

    ResponderEliminar
  2. Gústame o curso, espero que a rede vaia mellor hoxe, pero de todas maneiras aprendín cousas que nin siquera sabía que existían.
    Grazas Javi

    ResponderEliminar

Podes deixar aquí o teu comentario, anímaste? :)