miércoles, 26 de enero de 2011

Resumo da Primeira Xornada. Hoxe falaremos de...



Este foi o video que non poidemos ver onte, pero que en calquera caso é moi interesante xa que aporta moitas novidades do que nos ven no futuro máis próximo de cara a como afrontar a nosa profesión e no xeito en que podemos aproveitar este novo "State of the art" (o estado da situación, vaia!). Xa sabedes, hai que velo.

Onte vos coñecín, e malia que a rede e gmail non nos deixou a todos ter a nosa conta, confío en que alo menos as horas alí invertidas vos fixeran ver que temos que darlle un pulo a nosa visibilidade online, alo menos profesionalmente que é o que máis nos interesa polo de agora. Personalmente tamén volo recomendo, pero iso xa é a decisión de cada un.

Hoxe imos falar do CONSUMIDOR 2.0, da importancia de escoitar ao cliente si es unha empresa e analizar como se comporta. Tamén falaremos das Redes sociais como fonte de coñecemento, dos Novos líderes de opinión na rede e dalgúns aspectos relacionados coas tendencias sociolóxicas dos consumidores e o seu comportamento online. Xa tendes preguntas para min? ;)

domingo, 23 de enero de 2011

Ferramentas sociais e Plantexamento de obxectivos de aproveitamento

O Software Social refírese a unha gama de ferramentas que nos permiten conectarnos con outras persoas a través da Internet e socializar ou traballar de maneira colaborativa en proxectos comúns. O resultado desta tendencia é a creación de espazos interactivos compartidos.

Blogs e Microblogs

Un blog ou bitácora, é un sitio web periodicamente actualizado que recompila cronoloxicamente textos ou artigos dun ou varios autores, aparecendo primeiro o máis recente, onde o autor conserva sempre a liberdade de deixar publicado o que crea pertinente.

Redes Sociais

En verbas textuais da wikipedia, poderíamos definir as redes sociais como:

“estruturas sociais compostas de grupos de persoas, as cales están conectadas por un ou varios tipos de relacións, tales como amizade, parentesco, intereses comúns ou que comparten coñecementos.”

Mapa Web 2.0

Cambios empresariais, políticos, comunicativos

Algúns datos relacionados indican que para o 85% dos usuarios de internet as opinións e contidos online inflúenlles nas súas decisións de compra, e para o 71% o que máis lles inflúe son as opinións e recomendacións de persoas que xa teñen o produto ou servizo que están a considerar comprar; mentres que o 75,5% dos usuarios españois de internet toma unha decisión de compra en base ao contido que atopa na rede. Por tanto é de gran valor para as empresas, controlar e manter unha opinión positiva sobre aquilo que se di de elas, os seus produtos ou servizos.

Orixe e introdución á nova comunicación social

As redes sociais convertéronse no novo paradigma da comunicación para as empresas e marcas. E non só por que este tipo de medios forman parte dos hábitos e novas tendencias dos consumidores senón por que precisamente, é a través deste tipo de canles onde as empresas poden comezar a construír a súa reputación online aprendendo e tomando nota de canto se di ou fala delas.

martes, 18 de enero de 2011

Benvidos

Esta entrada é para darvos a benvida a todos os asistentes a este curso.
Agardamos ter todas as vosas consultas aquí recollidas nos comentarios, estamos abertos a todas as aportacións e suxerencias que consideredes oportunas.
Quen comeza? ;)